Publicacións
Benvidas e benvidos ao Recuncho da Música🎶🎵
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Ola, familias! 👋🎵 Benvidas e benvidos a O Recuncho da Música, un pequeno espazo no que compartiremos un anaquiño do que facemos e vivimos na aula de Música. Ao longo do curso iremos enchendo este recuncho de cancións, audicións, actividades, xogos musicais, interpretacións, proxectos e moitas outras experiencias que nos axudan a aprender, expresarnos, crear e, sobre todo, gozar da música. 🎹🥁🎶 Agardo que este blog nos permita achegar un pouquiño máis a aula de Música ás vosas casas e compartir con vós momentos especiais do noso día a día. Grazas por acompañarnos nesta aventura musical! 💗 🎵 Que a música sempre nos acompañe! 🎵 Marta, profe de Música